Contenidos para la preparación del examen de selectividad. El pase a la Universidad.


Cerca de 1000 temas desarrollados. El portal de referencia para el estudiante de bachillerato. Año 2 -











Preparar la selectividad pretende ser una herramienta que facilite al alumno de bachillerato la preparación de los exámenes de la selectividad. Exámenes que en buena parte dirigirán y enfocarán el futuro académico y profesional del alumno.


El acceso a la universidad comienza con la realización de estas pruebas. La necesidad de alcanzar una calificación que permita comenzar los estudios universitarios deseados, llena de una presión exagerada al estudiante.


Sería necesario por parte de los docentes inculcar al alumno que el examen de selectividad "no es nada del otro mundo" es una examen más, como muchos que se han hecho a lo largo del año. La única diferencia es que se realizan muchos exámenes en tres días. Pero el porcentaje de aprobados está ahí

lunes, 22 de octubre de 2012

A LITERATURA DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX A POESÍA DAS IRMANDADES E A POESÍA DE VANGARDA


A entrada do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos do novo
século continuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire.
Mais, nas primeiras décadas do século xorden dous movementos sociais e ideolóxicos -a ideoloxía agrarista e as Irmandades da Fala- que favorecerán a superación dos esquemas da literatura decimonónica e a apertura aos movementos literarios da época.
Arredor das Irmandades da Fala aglutináronse os principais autores desta época: Gonzalo López Abente,
Victoriano Taibo, Xerardo Álvarez Limeses, Xosé Crecente Vega,... sendo as dúas figuras máis importantes:
Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Ambos os dous supoñen unha ponte entre a literatura decimonónica e a das vangardas.
Noriega Varela foi autor dun único libro de poemas que sufriu un proceso de continua reelaboración. O
título incial foi Montañesas(1904) e posteriormente titulouse Do ermo (1920).Na súa poesía poden distinguirse dúas liñas superpostas:
-poesía de carácter costumista e ruralista, moi influída polos poetas de finais do século XIX, caracterizada pola métrica popular, os motivos paisaxísticos ,os costumes, as tradicións e a ruda vida dos campesiños.
-poesía de carácter máis culto e refinado, cunha clara influencia dos poetas clásicos latinos, do modernista Rubén Darío e dos poetas saudosistas portugueses. É unha poesía moito máis elaborada, con lingua e estrofas cultas, na que, sen abandonar os motivos da paisaxe montañesa, convértese en poeta das “humildes cousas que ninguén olla”-a raiola do sol, as flores do toxo, as fontes, as pucharcas, un verme,...- cunha actitude de atracción polo humilde e polos seres máis desamparados.
Ramón Cabanillas sintetiza a tradición decimonónica do Rexurdimento e as diferentes contribucións dos
movementos estéticos de finais do século XIX e comezos do XX. Por iso podemos consideralo un poeta moderno e clásico á vez.
As liñas poéticas de Cabanillas permítennos distinguir dúas grandes modalidades: poesía lírica e poesía
narrativa.
Dentro da poesía lírica agrúpanse composicións de tres tipos:
·poesía intimista, na que trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do seu pasado. A obra máis representativa desta tendencia é A rosa de cen follas, que constitúe unha homenaxe a Rosalía e á poesía romántica, con predominio do tema amoroso.
·poesía cívica, na que recolle os postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos. Este tipo de poesía está presente en Da terra asoballada (1926)
·poesía costumista, na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística. Esta presente en moitos dos poemas de No desterro (1913) e Vento mareiro (1915)
Na poesía narrativa recrea un pasado cheo de esplendor e augura un futuro esperanzador para Galicia. As
obras máis representativas son O bendito San Amaro (1925) e Na noite estrelecida (1926). Esta última, cume poético do autor, é un longo poema narrativo, dividido en tres partes: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O soño do Rei Artur”, elaboradas con temas recollidos da materia de Bretaña -as lendas da corte do rei Artur e a busca do Santo Grial- e outros materiais da épica céltica e da tradición cristiá que adapta á reconstrución dun pasado mítico de Galicia.
Nas primeiras décadas do século XX, en Europa, un movemento de renovación estética revolucionou todos
os aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas. Estas contan con diferentes correntes
estéticas que se denominan ismos. Algúns dos postulados que defendían as vangardas son:
-a reivindicación da materia artística como algo autónomo
-o espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas
-a defensa da liberdade e modernidade creadora e da orixinalidade
Algúns destes ismos (futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo...) producirán unha especial
influencia na literatura galega, tanto en aspectos temáticos como nos formais:
En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e coñecidos como xeración de 1925,
xeración de vangarda ou do 22, vanse aproximar ás vangardas europeas, fomentando o enxebrismo da nosa  arte e da nosa literatura. Polo tanto, os ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade. Dentro deles podemos falar de dúas tendencias;
.A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia: hilozoísmo e neotrobadorismo
·A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e surrealismo
O hilozoísmo, tamén denominado imaxinismo, xorde da tradición literaria paisaxística cultivada por
Rosalía, Noriega e Cabanillas, entre outros, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase polo
personificación da natureza; a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos; o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela. O principal representante é Luís Amado Carballo coa obra titulada Proel (1927)
O neotrobadorismo xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto
pola súa difusión a partir de 1928. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísitcos das cantigas galego-portuguesas -paralelismo, refrán, ás veces lexaprén-, pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX. Os autores máis representativos son: Fermín Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933) e Álvaro Cunqueiro, coa obra Cantiga nova que se chama riveira (1933).
O creacionismo supón un fito illado na nosa literatura, ademais de ser o único movemento plenamente
vangardista, orixinal e universalista. Prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha realidade autónoma. Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e da rima. Este movemento en Galicia foi exclusivo de Manuel Antonio do que destaca a súa única obra publicada en vida, obra fundamental e un dos cumes da poesía galega de todos os tempos: De catro a catro (1928).
Esta obra supón o inicio da vangarda plena polo seu carácter innovador, audaz e rupturista, tanto no plano da forma coma no do contido: innovadora disposición tipográfica, ausencia de ritmo e rima, inexistencia de lóxica gramatical, metáforas inusuais, falta de espazo e de tempo. Todos estes elementos conformarán unha visión do mar insólita no panorama literario galego.
A poesía de Manuel Antonio supón unha decisiva ruptura coa tradición lírica galega e presenta unha tripla orixinalidade: lingüística -tecnicismos, estranxeirismos e cultismos-, temática -o mar visto desde o propio mar-, e formal -tratamento rupturista-.
O surrealismo nas nosas letras vén da man de Álvaro Cunqueiro coa súa obra Poemas do si e do non (1933), aínda que dun xeito inxenuo e sentimental. Tamén Manuel Luís Acuña coa súa obra Fírgoas (1933) presenta algúns dos poemas máis singulares desta época, apoiándose na economía verbal e a eliminación do elemento narrativo.
Luís Pimentel do que destaca a súa obra póstuma Sombra do aire na herba (1959), móstranos un universo poético constituído por seres e obxectos que convidan á intimidade e ao recollemento -nenos, hospitais, prazas baleiras, xardíns,...-. A súa poesía está chea de musicalidade, pero tendendo ás veces ao surrealismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada